Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Evento

Mostra de Teatro de Muros

06/maio/2016 a 06/maio/2016
21:30 h a 21:30 h
Mostra de Teatro de Muros
Mostra de Teatro Xose Agrelo de Muros 2016

Mentres a comunidade cultural muradá segue traballando para que Xosé Agrelo sexa o homenaxeado nas Letras Galegas 2017, a actividade non para. E como cada ano, dende o concello de Muros, proponse desenvolver o programa de actividades do “Mes das Letras”, entre o que destaca a X Mostra de Teatro Xosé Agrelo.

Nesta 10ª edición, teremos representacións teatrais de grupos amadores, de grupos escolares e de teatro profesional, destinadas a tódolos alumnos/as do municipio e ao público en xeral. Con estas premisas elaborouse o programa, que dará comezo este sábado, día 23 de abril, Día do Libro, e rematará o 17 de maio. As representacións serán no auditorio do centro cultural de Muros.

A primeira fin de semana abrirá o telón cunha lectura, o sábado 23 e abril ás 21:30h, de varios textos de Manuel María, sumándose así á proposta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, que propoñen celebrar o Día do Libro, coa Lectura pública da obra de Manuel María, autor ao que se lle adican as Letras Galegas deste ano, polo que dende o concello se convida a toda a veciñanza á que se anime e nos xuntemos no centro cultural e xuvenil para dar lectura aos poemas preferidos de cada quen.
Des seguido, “O que faltaba Teatro” da A.VV. O Ferrolo de Trasdacosta representarán “Aqueles tempos”, Unha obra escrita e dirixida polas integrantes do propio grupo de teatro, que nos conta un día na vida dunha familia do noso rural a primeiros do século XX.

Un programa para Cervantes

O programa tenta homenaxear, ademais de a Manuel María, a Cervantes, do que se cumpren os 400 anos do seu pasamento, e a Neira Vilas, que nos deixou este inverno; e segue durante catro semanas coas seguintes representacións:

  • Luns 25 de abril, 11:00 e 12:20 h.- LIMIAR TEATRO “Don Quixote, comedia gastronómica”.
  • Martes 26 de abril, 12:20 h. – QUICO CADAVAL: “Fantasmas familiares”
  • Mércores 27 de abril, 12:20 h. – AVELAÍÑAS TEATRO E TEIROA TEATRO: “Variedades”
  • Venres 29 de abril, 12:00 h.- TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS: “Faneca brava”
  • Martes 3 de maio, 11:00 e 12:20 h.- UXÍA E MAGÍN BLANCO “Canta o cuco”.
  • Mércores 4 de maio, 11:00 e 12:20 h.- GALAXIA. QUINQUILLÁNS “Espantallo amigo”.
  • Xoves 5 de maio, 18:30 h.- TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS: “Faneca brava”
  • Venres 6 de maio, 21:30 h.- DEBULLANDO TEATRO de Negreira: “ Oldtown”
  • Sábado 7 de maio, 18:00 h.- OS MONICREQUES DE KUKAS: “Xan Perillán compra queixo
  • Sábado 7 de maio, 21:30 h.- DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO: “Teimas”
  • Luns 9 de maio, 11:00 h.- alumnos/as de 2º curso CEIP DE LOURO: “O seguro da enfermidade”
  • Martes 10 de maio, 11:00 e 12:20 h.- CONTACONTOS RAQUEL QUEIZÁS “Historias da maletra”.
  • Mércores 11 de maio, 11:00 e 18:30 h.- OBRADOIRO DE TEATRO MUROS “Moby Dick” e GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES “Todo poderoso móbil” e alumnos/as de 2º do CEIP DE LOURO
  • Xoves 12 de maio, 11:00 e 18:30 h: O. DE TEATRO RAMÓN DE ARTAZA: “Piccolo, Saxo e compañía” e alumnos/as de 3º e 4º do CEIP RICARDO TOBÍO DE ESTEIRO “O achado do castro”
  • Venres 13 de maio, 12:20 e 21:30 h.- TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS: “Catetervisión”
  • Venres 13 de maio, 18:15 h.- CONTACONTOS BIBLIOTECA DE MUROS: MARISA IRIMIA “Poemas e contos con Manuel María”.
  • Sábado 14 de maio e martes 17 ás 21:30: Pechará a Mostra o grupo local AQUELANDO TEATRO, que representará a obra “No día a día”.
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Muros Cultura.
Comentarios