Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2019

17/abr./2019 a 21/abr./2019
17:00 h a 21:00 h
Desenos de Amaya Fdez na Mostra de Encaixe de Camarinas
A Mostra do Encaixe de Camariñas 2019

Cartel da Mostra do Encaixe Camarinas 2019

A lista de deseñadoras é espectacular. Este ano a A XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas vén completísima, como unha das citas máis importantes da Semana Santa da Costa da Morte. Da apertura, que terá lugar o mércores 17 de abril ás 15:00h, ata o peche, o domingo ás 21:00h, milleiros de persoas pasarán por Camariñas para esta cita que mestura unha artesanía centenaria coa máis vangardista das modas.

Este ano contarán coa presenza de Amaya Fernández, Ana Cabranes, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, Lalacó Atelier, Sara Lage, Twin and Chic e Noriko Hashizume.

A Mostra xa é recoñecida e admirada internacionalmente. O domingo 21 ás 13 horas terá lugar o desfile das ‘Delegacións de encaixeiras internacionais’ que este ano proceden de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Estonia, Francia, Inglaterra, Italia, Japón, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suiza.

”Jóvenes Diseñadores”

Ademais, terá lugar tamén o ‘XXVI Concurso de Jóvenes Diseñadores’ no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 29 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. Son 15 escolas de moda as que participan, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alicante e Madrid.

Desfiles de pequenos e maiores

Un dos momentos máis agardados da Mostra son os desfiles do ‘Pequeencaixe’. As 50 nenas e nenos das Escolas Municipais crean o seu propio encaixe durante todo o curso para posteriormente deseñar os vestidos e desfilar na Mostra. Convértense en palilleiras, deseñadores e modelos.

O mesmo ocorre no desfile de ‘Encaixeiras Senior de Camariñas’ que terá lugar o xoves 18 ás 12:30 horas e no que veciñas e veciños do municipio amosan ao público as creacións que fixeron durante todo o ano.

Música entre outras actividades

Este ano os asistentes poderán gozar da música de Guadi Galego (xoves 18 ás 19:15 despois dun dos desfiles de ‘Grandes Deseñadores’), da obra de teatro ‘Recreación das antigas palilladas’ (xoves 18 ás 17:15 horas e venres 19 ás 19:45 horas), do encontro entre grandes e noveis deseñadores (sábado 20 ás 20 horas), do IV Encontro de Corais no que participarán Abaladeiras de Muxía, Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco e Coro Brisas do Mar presentado por José Luis Blanco (domingo 21 ás 11:15 horas).

Ademais, do 15 ao 19 de abril celebrarase o ‘Campamento Náutico Encaixe Axul’ con actividades de vela lixeira, windsurf, kayak, obradoiros... Durante toda a Mostra tamén haberá stands gastronómicos e demostracións artesanais e os pais e as nais poderán deixar aos máis pequenos no Parque Infantil con monitores cualificados

A clausura da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas terá lugar o domingo 21 ás 20:30 horas e estará presentada por José Luis Blanco e Lucía Pérez.

Programa 

 

 

Comentarios