Martes. 15.10.2024
El tiempo

Evento

Muros do Nordés

04/ago./2018 a 04/ago./2018
6:30 h a 6:00 h
Muxía
Muros do Nordés
Muros do Nordes Muxia 2018

Volve invadir Muxía o proxecto Muros do Nordés, que segue medrando nesta a súa terceira edición convertíndose nalgo moito máis grande que mero evento de pintura mural. Organizado, así como nas anteriores edicións, pola Asociación Xuvenil Comarea e o Concello de Muxía, será todo evento lúdico-cultural nas rúas que combinará xogos, talleres e a intervención da artista Doa Oa nun muro do pobo.

A idea da entidade é convertir á mocidade nun axente activo, conmovendo, reavivando prácticas comunitarias para “trazar camiños transversais que involucren ó público corporal e emocionalmente”, como apunta Lucía Alcaina, unha das promotoras. “Lanzamos esta proposta como un manifesto á tomar as rúas a través da cultura e, sobre todo, á posibilidade de crear unha comunidade xuvenil aberta a explorar todo o novo que veña, que esperemos que sexa moito”, explica.

Talleres

Os talleres sucederanse entre o xoves e o sábado, e a temática será plural xa que interesa, por unha banda, traballar con tendencias actuais na oferta cultural da Costa, como pode ser o taller de Sticker Art no que se explorarán outras formas de expresión na rúa a través de pegatinas, ó tempo que se quere ter moi presente a identidade mariñeira do lugar, que se reflexa en talleres como o Obradoiro de Astronomía ou o Taller de Reciclaxe Creativo. Coetaneamente o sábado celebrarase un xogo interactivo de aventura e descubrimento, que será o eixo vertebral do evento xa que se pretende mobilizar á cidadanía nunha actividade na que se de renda solta á ilusión o ó contacto co entorno. Para participar nos talleres podes insbirte chamando ou enviando whatsapp ó 666903627 ou por mensaxe privada ó Instagram ou Facebook de Muros do Nordés. PROGRAMA: XOVES 2
  • -  Taller de Sticker Art​ impartido pola artista de pintura urbana Nana (7H Cooperativa Cultural). Nel aprenderemos un pouco da historia das pegatinas como forma de expresión nas rúas e despois pasaremos á acción, creando os nosos propios stickers para despois pegalos polas calles de Muxía. Recomendado a partir de 16 anos.
  • -  Taller Nocturno de Astronomía​ impartido por José Valencia Romar, veciño de Muxía e gran conocedor do mundo astronómico. Iremos á zona do Santuario da Barca para observar dende alí o ceo e aprender sobre estrelas e constelacións.
  • -  Intervención artística de Doa Oa ​na fachada do CEIP Virxe da Barca, que se realizará durante os tres días. VENRES 3
  • -  Taller de Reciclaxe Creativa​ impartido polo colectivo RetoqueRetro. Haberá unha pequena fase de recollida de lixo no Coído de Muxía que despois nos levará a investigar qué facer, dende a creación, con estes obxectos traídos polo mar.
  • -  Intervención artística de Doa Oa. SÁBADO 4
  • -  Búsqueda do Tesouro​ organizado polo equipo da Asociación Xuvenil Comarea. Será un xogo para todos os públicos no que, mediante diferentes pistas e por equipos, recorreremos Muxía enteira na busca deste tesouro.
  • -  Xurelada ​organizada pola Asociación Xuvenil Comarea. Para pechar o evento amenizaremos a zona do malecón con xurelos e música.
  • -  Intervención artística de Doa Oa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dialogo-interxeracional-entre-os-muros-do-nordes-da-lonxa-de-muxia/
Comentarios