xoves. 15.05.2025
El tiempo

Evento

Noite de cine en Fornelos

12/ago./2017 a 12/ago./2017
10:00 h a 11:30 h
Noite de cine en Fornelos
Este sábado 12 de agosto ás 22.00 horas proxectarase, de balde, o filme Pradolongo no lugar de Fornelos, pertencente á parroquia zaense de Baio. “Noite de Cine” enmárcase dentro da programación estival que se organiza desde a concellería de Cultura do Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña. Esta actividade comezou o pasado 29 de xullo co pase da película de Gerardo Herrero A praia dos afogados, programada para verse na histórica Ponte de Brandomil pero, por causas meteorológicas, trasladouse ao local social de Pudenza; e rematará o sábado 19 coa Esmorga no pazo das Torres do Allo. Pradolongo é un filme do director Ignacio Vilar, estreado nas salas de cine de Galicia en 2008. Este conta a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se vai deteriorando a raíz das diferencias de clase e dos conflictos amorosos que xorden nas súas vidas. O verán preséntaselles como todos os demais, con festas, tardes no río...pero desta vez nada vai ser igual.
Comentarios