![Programa Noite do Medievo en Rioboo Cabana]()
Completa xornada dende 18:00h ata a medianoite na Noite do Medievo que se celebra en Rioboo, Cabana, este sábado 12 de agosto. Haberá paseos a cabalo, xogos tradicionais do M.E.L.G.A., gastronomía, artesanía, baixada dos condes polo carreiro da torre da penela, baile Grupo tradicional INLLAR, pregón, prevoda medieval, animación musical, pasarrúas co 'Son do Castro' e 'Os Farrapos', proxección audiovisual con fotos antigas e espectáculo de lume nocturno...
E atentos á Prevoda Medieval, que enlazará a 3 parellas este ano:
David Collazo Lema e Amanda Suárez Negreira
Iván Reigia Lema e Paula Moreira Pose
José Manuel Bardanca Abelenda e Noelia González Pose