Evento
Os concursos dinamizan as Xornadas Micolóxicas de Zas
Despois da exitosa xornada micolóxica de Cee, os cogumelos seguen a ser protagonista durante este mes de novembro. Outras das citas ineludribles do outono costeiro xa son as Xornadas Micolóxicas de Zas, que artella a Asociación de Vexiños de Loroño coa colaboración do Concello e da Pizzería Tívoli.
Este ano a cita concéntrase no sábado 17 de novembro, cun día completo que incluirá charla, saída, comida e identificación de exemplares recollidos no propio restaurante. Un xeito moi práctico de coñecer de primeira man, da man de todo un experto como Martín Souto Souto, os tesouros gastronómicos dos nosos bosques.
Concursos
Pero ademais, a entidade veciñal quere dinamizar o outono cun par de concursos. Primeiro estrea o Concurso de Fotografía Micolóxica, para o que xa teñen publicado as bases, e que ten de prazo de presentación ata o 15 de novembro enviando as túas propostas a [email protected].
Ademais, xa será esta a terceira edición do Concurso de Debuxo Micolóxico Concello de Zas. Ata o 16 de decembro hai prazo para que os peques da casa envíen as súas xoias de papel tendo en contas as seguintes bases.