Evento
Os Enterros de Faustino e Farruco e os Madamitos e Ghuadineros
O domingo 1 de marzo celebrarase en Cerqueda o percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia, acompañados por unha comitiva de Entroido. Sairá ás 16:00 horas, co seguinte itinerario: As Pozacas, Leduzo, Os Resíos, O Ceán, Loroxo, As Cortes e Folgueira. Madamitos e Ghuardineros rematarán en Malpica no enterro do Faustino. Organiza: A.C. Raigañas.
Así son os Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda-Foto-Mercedes Vazquez
En Vilanova celebrarase a festa de disfraces infantil e degustación de doces de Entroido, a partir das 16:30 horas na Escola Unitaria de Beo. Colabora a A.V.C.S. O Barizo. En Malpica actuará a Charanga NBA polas rúas de Seaia e Malpica a partir das 16:30 horas. Será o enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17:30 horas para percorrer as rúas da vila e a representación teatral da comitiva do Faustino, ás 19:00 horas no Cruceiro. Organiza a asociación de Redeiras Mar de Illa.
En Seaia, ás 16:30, o Enterro do Farruco. A comitiva sairá do restaurante O Esqueiro para percorrer Seaia. Organiza a asociación cultural e deportiva San Xulián.