Evento
Performance escolar sobre o amor romántico en Cee
25/out./2019
11:30 h
Casa da Cultura

13:48 16/10/19
Performance escolar sobre o amor romántico en Cee
O alumnado de 3º da ESO do IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces e C.P.R. Manuela Rial Mouzo, en colaboración do CIM, organiza unha performance sobre o amor tomántico na Casa de Cultura ás 11:30h do día 25 de outubro.
Con esta actividade, enmarcada dentro da programación anual do CIM de prevención da violencia de xénero e igualdade, preténdese desmitificar o amor romántico e reflexionar sobre a igualdade de xénero nas relacións amorosas, ademais de previr a violencia de xénero a través da reflexión sobre as actividades escénicas.