martes. 08.07.2025
El tiempo

Evento

Presentación astronómico en Carballo

05/dec./2018 a 05/dec./2018
5:30 h a 6:00 h
Punto e Coma
Presentación astronómico en Carballo
O vindeiro mércores día 5 de decembro ás 17:30h  a libraría Punto e Coma, a rúa Valle Inclán, 3 de Carballo, acollerá a presentación e coloquio sobre o calendario astronómico CEOS GALEGOS 2019. Trátase da representación nun produto físico, neste caso en forma de almanaque mural (case 50 cm de ancho), dalgunhas das imaxes recibidas no proxecto www.ceosgalegos.com no que, ao longo do ano, se desenvolve un traballo de divulgación da astronomía, a matemática, a arqueoloxía, a fotografía... Sempre ao redor de fermosas imaxes do noso ceo. Neste primeiro ano de andaina recibíronse un par de centos de imaxes de máis de 30 fotógrafos diferentes. E, nun par de semanas, realizarase a primeira gala de entrega dos premios ás mellores imaxes nun evento que se desenvolverá en Castrelo de Miño (Ourense). Desta volta, a presenza de imaxes da Costa da Morte é aínda máis notoria desde a mesma portada, unha fermosa imaxe coa Vía Láctea sobre o faro de Lariño (Carnota). Pero tamén as formacións xeolóxicas do monte Pindo co ceo xirando por riba do Xigante da Mina, nun remedo do Atlas grego que sostiña o cosmos, un solpor en cabo Vilán cun raio verde (un fenómeno óptico extraordinario). E, para celebralo, este ano presentamos en directo na Libraría Punto e Coma de Carballo #CeosGalegos19 da man do seu editor, X. Dosi Veiga: - licenciado en Física pola USC - director do evento anual AstroGalicia: a festa galega da astronomía - tradutor ao galego da páxina da NASA Astronomical Picture Of the Day (www.apodgalego.com) - redactor na revista AstronomíA Magazine

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ceo-da-costa-da-morte-protagonista-do-novo-libro-de-fotos-nocturnas-de-lois-e-llamas/ “A Costa da Morte, o ceo no que sobreviven as estrelas” — Que pasa na costa
Comentarios