![]()
Este venres día 2 de Novembro, ás 21h, o fotoxornalista ferrolán Gabriel Tizón presenta no Casino de Carballo o seu libro "Vidas", un paseo a través das vidas das persoas que leva coñecido nas súas múltiples viaxes, actividade que, máis que unha simple presentación dun libro, pretende ser un axente que mova as nosas conciencias e que nos faga reflexionar sobre outras realidades que existen.
Ademais, domingo día 4 de Novembro, a partir das 17:30h, Belén Edreira presentará o Club de Lectura do Casino1889, con Miriam Beizana Vigo, como autora convidada a facer parte da inauguración. A entrada é libre e aberta a todo o público, aínda que non formen parte do Club de Lectura. Para cerrar este primeiro encontro, o Casino1889 ofrecerá uns pinchos ás persoas asistentes.