sábado. 15.03.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Cee

24/feb./2017 a 24/feb./2017
7:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
Presentación dun libro en Cee
A programación cultural do mes de febreiro en Cee céntrase nas presentacións dos libros. Serán tres autores vinculados coa Costa da Morte os que presenten os próximos días as súas obras na casa da Cultura ceense. A programación inclúe tamén unha mostra bibliográfica e unha gala poético musical. A partir do mércores día 15 de febreiro, a biblioteca Francisco Mayán acolle unha mostra bibliográfica sobre a obra de Rosalía de Castro que estará aberta a todo o público e os centros de educación primaria poderán concertar unha sesión explicativa da obra e vida da poetisa. A programación cultural do mes de febreiro remata o día 24 coa presentación do libro “Costa da Morte, crónica marítima” – de Rafael Lema – que terá lugar na sala de conferencias da Casa da Cultura ás 19:30 horas. Os asistentes serán agasallados cun exemplar da obra.
Comentarios