O xoves 12 na Capela do Pilar terá lugar a presentación do libro "Verbas Atlánticas", antoloxía de poesía escocesa, inglesa e Irlandesa traducida no seu día por por Plácido Castro, escritor, xornalista e político galego, nacido en Corcubión. Libro editado por Laura Fernández Linares para a Fundación Plácido Castro, da que forma parte o Concello de Corcubión.