venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación na Feira do Libro da Coruña

01/ago./2017 a 01/ago./2017
7:00 h a 6:00 h
Presentación na Feira do Libro da Coruña
A presentación de "Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro", edición reducida para a colección 'Fóra de Xogo' de Edicións Xerais de Galicia, preparada para o mundo xuvenil, para os lectores máis mozos, será o próximo martes día 1 de agosto ás 19 h, no local central da Feira do Libro da Coruña, xardíns de Méndez Núñez. Esta presentación será das primeiras que se fagan na Feira, pois esta inaugúrase este mesmo día. O autor, Xosé María Lema estará acompañado por Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, e acompañarei a presentación con proxección de diapositivas de "power-point" con ilustracións da Coruña do séc. XVIII e fotografías dos escenarios reais nos que se ambienta a novela, correspondentes ós litorais de Fisterra, Muxía e Camariñas, sobre todo. A obra conta con novas ilustracións interiores inspiradas na xeografía da Costa da Morte. O reputado crítico Ramón Nicolás recomendouna no 'Fugas' de La Voz de Galicia entre outras sete obras de literatura galega para este verán. É a homenaxe galega a R.L. Stevenson, pois "Costa do Solpor. O regreso da Illado do Tesouro" empeza onte remata a famosa novela do escritor escocés.
Comentarios