Evento
Presentación dun libro en Vimianzo
06/nov./2015 a 06/nov./2015
21:15 h a 21:15 h
15:11 05/11/15
Esre venres ás 21:15 h na Casa da Cultura de Vimianzo o xornalista Xabier R. Blanco achegaranos á figura de Rosalía Mera.
Xabier R. Blanco, un dos autores do primeiro traballo de investigación sobre o grupo Inditex publicado baixo o título Amancio Ortega. De cero a Zara?, achégase agora á figura de Rosalía Mera, cofundadora da devandita empresa e primeira muller de Ortega. Unha traballadora infatigable que chegou a converterse na máis rica de España e na 66ª do mundo.
A outra gran protagonista dese prodixio chamado Inditex falaba pouco pero dicía moito. De maneira controlada, sobrepoñéndose a varios golpes que lle deu a vida e vixiando con cautela as súas aparicións mediáticas, foi forxando un personaxe que nunca esqueceu as súas orixes e á que non lle importou ser politicamente incorrecta, fiel ás súas ideas e a súa conciencia social. De forte carácter, soñaba con voar alto e logrouno: cambiou os patróns da moda e axudou a tecer un imperio sen precedentes en España.
Esta é a conmovedora historia dunha costureira que se fixo millonaria, e dunha millonaria que se volveu solidaria e rebelde. Alguén que puido ser un fío roto pero acabou sendo un fío solto.
Xabier R. Branco (Vimianzo, A Coruña, 1973) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Pontificia de Salamanca. Delegado de La Región en Santiago de Compostela, foi adxunto á dirección de Xornal de Galicia e traballou en La Voz de Galicia, Interviú, La Razón e El País. Así mesmo, foi xefe de Deportes de Diario 16, medio no que cubriu acontecementos como a Eurocopa 2000 ou a Volta a España nas edicións 2000 e 2001.
Coautor con Jesús Salgado do libro Amancio Ortega, de cero a Zara ?, autor de Querido Ramón (sobre o tetrapléxico Ramón Sampedro) e codirector do documental Cason sobre a traxedia deste cargueiro na Costa da Morte, recibiu un accésit nos IX Premios de Xornalismo da Fundación de Fútbol Profesional pola reportaxe «A ciencia do Mundial: xenética, tecnoloxía, diñeiro, estadios...» (*Quo, 2002).