Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Evento

Proxección documental en Carballo

10/nov./2016 a 10/nov./2016
19:30 h a 19:30 h
Proxección documental en Carballo
a-pegada-dos-avos A historia muda constantemente e para chegar a comprender a nosa actualidade debemos ser conscentes dos cambios que se produciron noutros tempos, das situacións vividas polos nosos devanceiros para conseguir todo o que agora temos e tentar melloralo, sen caer de novo nos erros do pasado. Por iso, para non deixar no esquecemento todo o vivido recentemente, queremos traervos unha proxección que fai homenaxe á memoria histórica, a todo o que pasaron as nosas avoas e avós en anos bastante recentes pero que semellan estar ben lonxe... Achegádevos mañá, xoves 10 de novembro ás 19:30 h, a coñecer o documental “A pegada dos avós”, no que sete adolescentes nos levarán a coñecer as historias que os maiores reviven nestas imaxes. Desde a súa mirada, os mozos e mozas tentarán comprender o drama da guerra civil española, a ditadura, a represión e, como din eles "coñecer de primeira man o que non vén nos libros. Ademais lograrán falar con catro dos principais expertos neste tema: o escritor Manuel Rivas, o xuíz Baltasar Garzón, o presidente da CRMH Fernando Souto e o historiador Emilio Grandío. Ademais, este documental foi gañador do VIII Encuentro Hispanoamericano: Contra el silencio todas las voces -categoría movimientos sociales y participación ciudadana- ; nominado aos premios Mestre Mateo XIII 2014 como mellor documental; e selección oficial do Festival de Primavera do Cine en Vigo do ano 2014. Esta é unha oportunidade única para coñecer a túa propia historia desde outro punto de vista. Achégate, goza con nós deste documental e logo aproveita para preguntar as túas dúbidas ao autor do mesmo, Xosé Abad, que estará connosco comentando o traballo da rodaxe e as experiencias vividas durante a mesma. Lembra que esta oportunidade é de balde e ata completar aforo. Agardámoste! Máis info: http://www.apegadadosavos.com/
Comentarios