![Relaxese-Laxe Turismo Cultural Abril 2017]()
Comeza o mes de abril e con el o segundo trimestre do
>programa Reláxese, unha aposta pola desestacionalización turística de Laxe. Este trimestre o turismo cultural, o turismo mariñeiro e o turismo ornitolóxico toman o protagonismo.
Despois da ciencia, a gastronomía e os viños, toca un mes de citas culturais, e dous meses de citas ao aire libre antes de chegar ao verán.
O mes de abril será o adicado ao Turismo Cultural. Despois da presentación oficinal, este venres xa teremos unha cita coas fotografías históricas de Vidal, e o sábado un repaso histórico á vida e bra do crego liberal Juan Antonio Posse con Lema Suárez.
Pasarán polo Museo do Mar de Laxe xentes como o catedrático Luís Rodríguez Ennes, o poeta Xosé Iglesias, o mestre Xan Fernández Carrera, o poeta Miro Villar, o investigador Xosé Vidal Pérez, ou os mesmos Chema Rei e Lema Suárez para falar tamén do Fútbol da Costa.