sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Punto Rojo en Baio

11/ago./2018 a 11/ago./2018
12:00 h a 6:00 h
Punto Rojo en Baio
Asociacion de Empresarios Comarca de Soneira de Baio A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira organiza unha nova edición do “Punto Rojo” que terá lugar os días 10, 11 e 12 de agosto en Baio. Citas que serven para dinamizar o comercio local, seguindo o camiño de accións tan exitosas como o ”Baio ten a pelota” ou a simbólica xornada de peche dos comercios. Na campaña participarán un total de 67 establecementos de Baio entre os que se atopan tendas roupa e de calzado, droguerías, xoierías,… ademais de bares e restaurantes e outros establecementos do sector servizos. As tendas expoñerán na rúa miles de artigos rebaixados, os locais hostaleiros servirán tapas a 1,50€ e ademais haberá actividades para nenos, e un tren turístico para non ter que coller o coche para facer a ruta dos pinchos. Outro dos atractivos deste evento será unha exposición de coches novos e deocasión que se ubicará na rúa Vidal Ríos e na que participarán varios concesionarios da zona. Todo nunha fin de semana chea de premios, pois todas as compras e consumicións realizadas nestes locais poden ter premio, xa que entran no sorteo de bonos de compra por valor de 300€ para gastar nos establecementos participantes, 300€ para mercar en productos de Ramos Alídis e 300€ para consumir no supermercado Eroski.

Novas relacionadas

“A Costa da Morte bota o peche para lembrar a importancia do comercio local” — Que pasa na costa
Comentarios