Evento
Rematan as Noites Espectaculares de Carnota con Go on!

Remanatan as Noites espectaculares de Carnota que amenizaron as tardiñas deste outono, un ciclo dirixido ao público adolescente e adulto. Co foco no teatro, estas actuacións que forman parte do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña terán lugar no salón de actos do Concello. Así mesmo, a entrada é libre até completar o aforo do salón.
- Go on! - Venres, 13 de decembro ás 21:00 h
Péchase o ciclo coa actuación de Xoque Carbajal e Jouse García (Malasombra Producións) con “GO ON!” unha “odisea cómica no espacio galego”.
Sinopse
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.
“GO ON!” recopila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts.
“GO ON!” é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como cantarlle unha saeta á Santa Compaña.
“GO ON! é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas.
“GO ON!” é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase “non me toques os suevos”, cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva para a pregunta: “Que din os rumorosos?”