Os brigadistas vinculados ao Fútbol da Costa, protagonistas do triangular solidario polos lumes

Equipo da Base Helitransportada da Lomba en 2024 en Zas
Equipo da Base Helitransportada da Lomba en 2024 en Zas
Os brigadistas vinculados ao Fútbol da Costa, protagonistas do triangular solidario polos lumes

Este domingo 7 de setembro, a partir das 17:00h, O Cairo acollerá un triangular moi especial. Os equipos sénior masculino de Corme CF e Ponteceso SD, na finde previa do comezo da Liga da Costa, enfrontaranse nun triangular solidario a un equipo formado por brigadistas que estiveron traballando na extinción dos lumes de Corme e Ponteceso. Todo nun evento para recadar fondos para o proxecto de rexeneración dos montes afectados polos lumes promovido por QPC.

Unha xornada que servirá de homenaxe aos propios brigadistas (neste caso concretamente os da Base Helitransportada da Lomba), así como aos tractoristas que tan importante labor tiveron aqueles días tensos e intensos.

O Fútbol da Costa, sempre implicado

Ruben Forjan e Pablo Alvarino na presentacion do proxecto
Ruben Forján e Pablo Alvariño, dous brigadistas vinculados ao Fútbol costeiro, na presentación do proxecto

Contaba Rubén Forján durante a presentación do proxecto, que “cando chegamos a Corme, aquelo era un caos, pero a labor da xente de Corme foi enorme. Non viamos nada e os tractoristas foron limpando de fume e nos permitiron ir accedendo ás casas”.

En plena faena nos incendios de Corme, cando quitaron os casos, varios membros da Base Helitransportada da Lomba foron recoñecidos, abrazados e agradecidos, gracias á súa vinculación ao Fútbol da Costa. Porque como relata o actual adestrador do Zas, e ex xogador de Xallas, Soneira, Negreira, Zas… “na Base da Lomba, en Santa Comba, dase unha cousa curiosa, i é que moitos dos que estamos nunha das seccións estamos vinculados dalgún xeito ao Fútbol da Costa”.

A historia da relación entre a Brigada Helitransportada de Lomba e o Fútbol da Costa comeza no ano 2022, cando se organizou un primeiro partido amigable contra o Castriz. Aquel encontro naceu case como unha aposta, froito da paixón polo fútbol que sempre estivo presente entre os membros da brigada.

Primeiro Equipo da Base Helitransportada da Lomba en 2022 en Castriz
Primeiro Equipo da Base Helitransportada da Lomba en 2022 en Castriz

En 2023 e 2024 a tradición consolidouse, desta volta xogando contra o Sporting Zas, converténdose xa nun costume anual. Máis aló do resultado, estes partidos servían para compartir, crear comunidade e reforzar a unión entre brigadistas e clubs da Costa.

Non era casualidade: moitos dos integrantes da brigada teñen un forte vínculo co fútbol costeiro.

  • Mj: xogador da Esteirana.
  • Chía: xogador do Outes.
  • David Gerpe: Castriz e Sporting Zas.
  • Pablo Alvariño: Fisterra veteranos.
  • Rubén Forján: Sporting Zas.
Equipo da Base Helitransportada da Lomba en 2023 en Zas
Equipo da Base Helitransportada da Lomba en 2023 en Zas

E, ademais deles, moitos outros compañeiros practican distintos deportes ou tiveron contacto co fútbol nalgún momento da súa vida. Por iso, dentro da brigada o fútbol sempre foi un vínculo conector.
A nivel interno, estes partidos tamén se enmarcaban dentro do compromiso da brigada co mantemento físico. Competirlle a clubs locais era, ao mesmo tempo, un reto deportivo e unha oportunidade para mostrar a cara máis próxima e humana dos brigadistas.
Cómpre destacar tamén o agradecemento aos clubs de Castriz e Sporting Zas, que non só aceptaron a proposta de xogar contra nós, senón que despois dos encontros sempre tiveron un xesto de hospitalidade, convidándonos a uns pinchos e mostrando a súa solidariedade co noso traballo.

”Todo o mundo estaba moi solidarizado pero había que facer algo”

”Notamos que todo o mundo estaba moi solidarizado co tema, pero facía falta algo que vertebrara esa solidariedade. Hai que facer un evento o antes posible para concienciar da importancia de, sobre todo, manter limpas as franxas”. Este ano quería que ese partido servise para algo vinculado co noso territorio, e aí foi precisamente onde apareceu QPC para artellar este triangular solidario, que volve refrendar o papel social do Fútbol da Costa, e que segue a estela dos partidos solidarios dos Combinados QPC.

”Ollo que competimos ben”, avisa aos adestradores do Ponteceso e Corme, lembrando os bos partidos celebrados os pasados veráns ante Castriz e Sporting Zas.

Así nace este Triangular Solidario, no que o fútbol, unha vez máis, convértese nunha ferramenta de unión, solidariedade e futuro para toda a Costa da Morte.

BH LOMBA:

Este é o equipo que van presentar os Brigadistas da Base Helitransportada da Lomba o domingo no Cairo.

  • 1 MJ (Esteirana)
  • 2 Damián Cortés Rey (Hamburg Towers "Baloncesto”).
  • 3 Yoel Parada Sanchiño.
  • 4 Pablo Calvete Taibo (Ponteceso SD).
  • 5 Manuel José Trillo Lestón (Lesende).
  • 6 Alberto García Lijó (Club Remo Cabo de Cruz).
  • 7 Juan Castanedo Gantes (Oza Juvenil).
  • 8 Cristian Figueira Pedrosa (Outes).
  • 9 Juan Louro Valverde (Club Balonmano Roquetas de Mar).
  • 10 Iván Tarrío Pereiras "Tarricius" (Real Aero Club Santiago ).
  • 11 Óscar Salvado Gontad.
  • 12 Rubén Forján Lema (Sp Zas)
  • 13 Pablo Alvariño Dominguez (SD Fisterra Vet.).
  • 14 Anxo Agra Rial (Agrón).
  • 15 David Gerpe Mendez (Sp. Zas).
  • 16 Javier Calvo Vázquez (SD Negreira).
  • 17 Quito Ponteceso (Bombeiro, ex SD Ponteceso).
  • 18 Rubén Pérez Cotelo (GES, ex SD Ponteceso).

Máis novas

Comentarios