Os tractoristas que cambiaron as regras da loita contra o lume

tractoristas de Corme nos lumes
Os tractoristas recargando auga na Ribeira para os incendios de Corme
Os tractoristas que cambiaron as regras da loita contra o lume

Traspasou fronteiras esa imaxe dos tractores de Corme enchendo as cisternas na Ribeira. Porque realmente era unha das primeiras veces que os gandeiros se implicaban na loita contra o lume, como recoñecen os brigadistas da Base Helitransportada da Lomba, que viviron de primeira man os incendios de Corme e Ponteceso.

Marcaron ademais unha tendencia e dende ese día de primeiros de agosto, foron moitos os tractores que axudaron ás motobombas a apagar os lumes e a defender as casas, como vimos envarios incendios de Frixe, Xaviña ou Recesindes.

Son moitas as cousas que poden facer as cisternas dos gandeiros e situación de alarma, como abrir e sinalarlle camiños aos brigadistas, recargarlle auga ás motobombas, ou simplente indicarlle onde están os puntos de auga… Houbo mesmo quen meteu varios brigadistas no seu 4x4 para poder devolvelos ao lygar onde os agardaba o helicóptero… Unha axuda moi valiosa cando cada segundo é importante para salvar os nosos montes, ou as nosas casas, das lapas.

tractoristas nos incendios de frixe
Tractoristas axudando nos incendios de Frixe (Muxía)

Por todo isto, QPC e o Concello de Ponteceso quere renderlle homenaxe a todas esas persoas voluntarias que estiveron traballando arreo nos 3 incendios do termo municipal pontecesán de comezos de agosto. Así, durante o triangular solidario que terá lugar este domingo no Cairo, invítase a todas estas persoas (e as que non se puideron identificar aínda), que colaboraron activamente na extinción:

  • David Rojo.
  • Marcos Toural.
  • Sito Couto.
  • Hil.
  • Reixía.
  • Alberto Ameixenda.
  • Adrián Xornes.
  • Gonzalo Xornes.
  • Santos Ourada.
  • Daniel Limiñoa.
  • Jose Limiñoa.
  • Damián Alvarellos.
  • Rafa Veres.
  • Alberto Barizo.
  • Sergio do Pazo.
  • Ribeiro de Magro (Traba de Laxe).
  • Jairo de Tella.
  • Moncho de Marta.
  • Jose, o Fontaneiro de Carlos Busto.
  • Souto de Vigo.
  • Stefan Cambre de Cero.
  • Jose Suárez (Corme Aldea).
  • Andrés Manuel (Mens).
  • Javier (da granxa de coellos de Canduas).
  • Manolo de Mato (Cerezo).
  • Santiago de Capilla (Badarra).
  • Silvestre (Ourada).

A todos eles, e aos que non se puido identificar aínda, renderemos homenaxe este domingo a partir das 17:0 no Cairo.

Máis novas

Comentarios