domingo. 10.11.2024
El tiempo

Evento

Ruta de Tapas de Malpica

22/set./2017 a 22/set./2017
12:00 h a 11:00 h
Ruta de Tapas de Malpica
malpica-sabe-mar

Entre o 22 e o 24 de setembro, oito establecementos servirán tapas por 1,5 euros

Do 22 ao 24 de setembro terá lugar a 2ª ruta de tapas Malpica Sabe a Mar; unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Promoción Económica e polo sector hostaleiros na que se poñen en valor tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalería e a olería. “Malpica Sabe a Mar” pretende diferenciarse doutras iniciativas semellantes incluíndo os produtos pesqueiros como ingrediente de todas as tapas, o que permitirá, por unha banda, poñer en valor o produto local e o sector pesqueiro, e, por outra, fomentar a innovación e a creatividade na elaboración de produtos de consumo tradicional. O terceiro elemento que incluiría a ruta sería a olería, xa que para a ocasión elaboraranse no Ecomuseo do Forno do Forte pratos artesanais que se repartirían entre os8 establecementos participantes: taberna do Lesto, restaurante O Burato, café bar Humboldt, café bar Ibarra, café bar JB, restaurante San Francisco, Larada bar e O Pescador. A cita arranca o venres día 22. As tapas serviranse nesa primeira xornada de 20.00 a 23.00 horas; o sábado, de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 23.00, e o domingo, de 12.00 a 14.00 horas. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregaráselle ao cliente un rasca que lle permitirá obter premios directos. Ao longo do mes de setembro continuará a actividade en Malpica grazas á iniciativa dun grupo de hostaleiros para dinamizar as noites dos sábados. Deste xeito, o día 16 actuará na praza o Trío Platino; o 23, coincidindo coa ruta de tapas, os gaiteiros de Malante farán un percorrido polos locais, e o 30 tocará de novo na praza o Dúo Café.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios