Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Ruta do Padre Sarmiento por Cabana

31/ago./2019
22:00 h
cabana-roteiro-padre-sarmiento
Ruta do Padre Sarmiento por Cabana

A programación cultural do verán en Cabana de Bergantiños remata por todo o alto coa Ruta do Padre Sarmiento. O percorrido partirá o sabado 31 de agosto ás 22h da igrexa parroquial de San Martiño de Canduas para ascender ao Monte Castelo. Haberá animación teatral con Frei Martín Sarmiento, interpretado por Yago Espasandín e unha veciña de Canduas, á que dará vida Tamara Lema. Recoméndase levar lanterna e roupa de abrigo. A actividade é gratuíta e non é precisa inscrición previa.

Esta ruta conmemora a visita de Frei Martín Sarmiento ao mosteiro bieito de Canduas. O ilustrado galego hospedouse alí o 14 de agosto de 1745 durante a súa viaxe por Galicia. No seu caderno de viaxe recolleu as seguintes notas:

 

"Cándoas, outra légoa. Priorado noso. Noite. En Candoas no plano da escada hai unha pedra e esta inscrición: «HIC TUMULATUS MANET SUB ERA D. CXIII». Hic tumulatus manet sub era D. CXIII ou tal vez era 113 suplindo mil. Pero non se sabe quen é o que estaba enterrado onde apareceu esta pedra. Esta tróuxose non hai moito desde a igrexa de San Xoán de Borneiro, a que se compuxo ao tempo que se fixo a casa de Cándoas, no tempo do prior Frei Mauro Bázquez. A igrexa e couto de Borneiro foran da orde, segundo lin en pergameos en Moraime; e así é crible que Borneiro fora mosteiro e antigo. Está a unha legua de Cándoas.
Aldeas de Cándoas
Cándoas. Sinde. Ures, Tabuído. San Pedro. Freixufre. Aguarei. Cabo di Area. Rancodoiro.
A ría de Cándoas é boa; terá de longo desde a ponte até a barra, legua e media. A barra principal é a que ten ao norte o lugar de Corme, e ao sur o de Laxe, que como cabo correspondente ten ao Insua e o do lado de Corme é o cabo de Turnis ou o Roncudo. E os cabos máis dentro da ría son: o Padrón, o porto do Cavalo, o da parte de Cándoas, e Osmo, o da parte de Corme.
O sábado 14 saín de Candoas para Moraime por Ozón a Lourido."

Visitas teatralizadas a Dombate

Ademais, este sábado celebraranse as últimas visitas teatralizadas ao Dolmen de Dombate cos Quinquilláns. Actividade gratuíta para a que non é precisa inscrición previa.

cabana-dombate-visitas-agosto-2019

 

Comentarios