![Ruta dos Pinchos de Laxe]()
Un total de 14 establecementos de hostalería de Laxe participan na que será a I Ruta de Pinchos do Entroido: Zurich, A Despensa, A Diario, O Reino de Loki, O Ben Me Sabe, Villa de Laxe, Áncora, Cervecería de Laxe, Plaza, Casa do Arco, O Bocho, Mar de Fondo, A Ventana e Rivera.
A ruta celebrarase o venres 24 pola tarde de 20.00 a 23.00 horas, sábado pola mañán de 12.00 a 15.00 h e pola tarde de 20.00 a 23.00 h, e o domingo pola mañán de 12.00 a 15.00.
Cada establemento elaborará un pincho co que optará ao
1º, 2º e 3º premio do xurado profesional formado polos chefs Estrelas Michelín, Fernado Agrasar, do restaurante As Garzas de Barizo, e Manuel Suárez, do restaurante Retiro da Costiña de Santa Comba. Tamén haberá un
premio especial ao mellor pincho que outorgará o público.
Según o acordado polos negocios o prezo do pincho será de 1€ e permitirá participar no
SORTEO de varios agasallos. O primeiro premio consiste nunha estancia no Augusta Spa Resort Superior**** de Sanxenxo. Para participar nestes sorteos é necesario cubrir seis selos distintos entre os locais participantes na ruta, e depositar as tarxetas cubertas nos buzóns dispoñibles.
Para acompañar a ruta de pinchos circulará o
TREN TURÍSTICO polos locais participantes durante as mañáns. Haberá
animación musical a cargo da Banda de Gaitas Maruxía, Pandereteiras Pandora e Batukada Trikitrakes. Ademais, o sábado pola tarde, celebrarase o tradicional
desfile de Entroido polas rúas de Laxe; a continuación actuará o coñecido grupo local
O Tren da Unha.