Venres. 26.04.2024
El tiempo

Evento

Ruta nocturna en Santa Comba

10/ago./2018 a 10/ago./2018
10:30 h a 6:00 h
Ruta nocturna en Santa Comba
O Concello de Santa Comba incorpórase ao programa TODOCOSMOS deselvolvido polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC co patrocínio da FECYT (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades), feito que motivará que a partir de agora, o concello xalleiro organice diversas actividades para a difusión da astronomía e dos espazos naturais para a observación das estrelas. Este venres dia 10 terá lugar a primeira “Ruta a San Bartolomeu para ver as Perseidas”, actividade promovida na colaboración entre a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concelllo de Santa Comba e a Asociación de sendeirismo “ Os Trotasendas”, e que se convirte na primeira actividade TODOCOSMOS en Santa Comba. Na ruta haberá unha sesión astronómica pública a simple vista e con telescopio desde o alto de San Bartolomeu, enclave de grande beleza e magníficas condicións para a observación estelar. Ademáis das Perseidas, poderánse observar os planetas Venus, Xúpiter, Saturno e Marte ademais doutros obxectos coma estrelas dobres ou nebulosas, todo explicado de primeira man por persoal do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. No programa TODOCOSMOS no que se integra desde agora o Concello de Santa Comba, e do que xa disfrutan outros 20 concellos de toda Galicia, agrúpanse e colaboran para a difusión da ciencia e do mundo da astronomía diversas entidades como son o Ministerio de Ciencia, Tecnologías e Universidades, A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, a Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Para actividade, aberta a todo o público, aínda se pode inscribir tanto a través da OMIX de Santa Comba ( tf. 981 81 87 10) como da Asociación “Os Trotasendas (Tf. 666 93 47 25), e de momento está tendo unha grande aceptación, superando xa os 70 inscritos. O Concello de Santa Comba quere agradecer a magnífica disposición do Observatorio Astronómico Ramón María Aller para dar realce e colaborar con esta actividade pioneira na Terra do Xallas, así como abrir de par e par as portas de Santa Comba ó Programa TODOCOSMOS e ás diversas actividades que impulse, toda vez que consideramos que algúns dos espazos naturais do noso entorno poden ser excelentes observatorios para a xalleiros e visitantes.
Comentarios