xoves. 14.11.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Semana Santa nas Torres do Allo

A Ruta dos Pazos e Brandomil e a súa contorna son outros dos recursos de interese turístico que ofrece o noso municipio
18/abr./2019 a 21/abr./2019
11:00 h a 20:00 h
Lembranzas nas Torres do Allo de Zas
Semana Santa nas Torres do Allo
Volven as visitas teatralizadas ás Torres do Allo por Semana Santa A Ruta dos Pazos e Brandomil e a súa contorna son outros dos recursos de interese turístico que ofrece o noso municipio

Os distintos espazos de interese turístico do noso concello xa están preparados para recibir os días fortes da Semana Santa. Nos últimos anos, o Concello de Zas é un punto de parada obrigada para os amantes da natureza e do patrimonio cultural polo que o goberno municipal leva varios anos traballando para poñer en valor estes recursos e para promocionalos co fin de que iso repercuta na economía local.

As Torres do Allo é o lugar máis visitado do noso municipio e, un ano máis, a oferta de actividades amplíanse nestas datas. O pazo máis antigo de Galiza abre todos os días de 11:00 a 20:00 horas onde ademais de ver a exposición fotográfica LembranZas, os visitantes poden realizar unha visita guiada que se realizan todos os días ás 13:00 e ás 17:00 horas. Ademais, o venres e sábado (19 e 20 de abril) volven as visitas teatralizadas que serán ás 19:00 horas. Todas as actividades son de balde.

Ruta dos Pazos

Este non é o único monumento que temos nas nosas terras xa que calquera das 16 parroquias que compoñen o Concello de Zas alberga un importante patrimonio natural e cultural que se pode ceñecer a través da Ruta dos Pazos. Brandomil é outros dos puntos que son parada obrigada dentro do noso municipio. Para coñecer a ponte romana e a súa contorna, o Concello de Zas deseñou a Ruta de Brandomil para realizar a pé e en coche e na se percorren o castro de Brandomil, os restos romanos que se poden atopar no lugar, o pozo de Limideiro e a Arca da Piosa. Ademais destes lugares, o Concello de Zas agocha unha enorme cantidade de paraxes naturais (tales como as carballeiras de Zas e de Baio) que xunto coa oferta gastronómica e comercial fan que o noso municipio sexa un punto de referencia para os visitantes.

Novas relacionadas

Comentarios