Martes. 19.03.2024
El tiempo

As visitas ás Torres do Allo medraron un 23% en 2018 gracias á ampla oferta cultural

As visitas ás Torres do Allo medraron un 23% en 2018 gracias á ampla oferta cultural
VISITA GUIADA as Torres do Allo Unha visita guiada ás Torres do Allo

Aínda están lonxe dos 37.300 visitantes do Castelo de Vimianzo ou dos 30.000 de Dombate. Pero as cifras Torres do Allo continúan medrando, sendo máis de 9.000 as visitas que recibiron durante o 2018. Con respecto ao ano anterior, data na que se bateron marcas, o número de visitantes incrementouse en algo máis de 1700 persoas. O cal se traduce nun 23% máis.

Visitas Teatralizadas as Torres do Allo Visitas Teatralizadas as Torres do Allo

Clave para este aumento foi a ampla oferta cultural que incluíu actividades como visitas guiadas, as visitas teatralizadas, as exposicións ou os concertos e conferencias.

Entras actividades máis singulares cómpre destacar o “Pazo Escape”, en clave de #EscapeRoom. Este xogo de pistas e de aventuras para realizar en grupo, baseado no Escape Room, púxose en marcha no pasado mes de xuño e aos poucos días de abrir as inscricións xa se esgotaron todas as prazas disponibles. A través dunha historia sobre o monumento, os xogadores deberían saír da instancia nun tempo limitado. Con esta actividade, conseguiuse que o público local e con con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos se achegase ata o pazo e descubrir a súa historia dun xeito lúdico e pouco habitual.

Escape room nas Torres do Allo Unha pandilla disfrutando do Escape Room das Torres do Allo

Cifras por meses

Ao igual que nos anos anteriores, os meses de maior afluencia foron xullo e agosto, onde se concentrou case un 40% do público total.

Procedencia e idade dos visitantes

Os datos son moi equilibrados en canto á procedencia dos visitantes. Un 30,7% achegouse a Zas dende todas partes de Galicia; un 26,2% residía da Costa da Morte; un 22% correspondeuse co público chegado do resto do Estado; un 16,8% constituírono os propios veciños e veciñas de Zas; e un 2,6% viñeron visitar as Torres do Allo dende outros países de Europa e do Mundo. Unha alta porcentaxe de persoas que visitaron o pazo e a súa contorna fixérono en familia (un 26,9% que se traduce en 553 familias). Pola súa banda, máis de 700 parellas decidiron que esta bucólica paisaxe perfectamente conservada tiña que formar parte do seu percorrido (34,1% do total). Mentras que 620 grupos informais (un 30,3%) visitaron as Torres e gozaron das visitas guiadas específicas e o 8,6% restante fíxoo de forma individual. En canto á idade dos visitantes, destaca que máis da metade das persoas que se achegaron a visitar o monumento ao longo do 2018 foi público adulto, cunha idade comprendida entre os 30 e os 65 anos. O 18% correspondeuse co público en idade escolar, maiormente como parte do programa didáctico das Torres do Allo, entre os 5 e 15 anos. O público senior, de máis de 65 anos, constituíu un 16,8% do total; mentres que os mozos e mozas de 16 a 29 anos supuxeron un 10%. Os nenos e nenas de 0 a 4 anos representaron o 4% desas 9000 visitas.

Próximas actividades

Ao longo deste 2019 o Concello de Zas continuará coa súa aposta por este espazo turístico, polo que xa se están pechando algúns dos programas que se desenvolverán aquí nos próximos meses. Un dos que continúa activo é o programa didáctico específico para os centros de ensino con unidades didácticas adaptadas a cada ciclo escolar.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-incrible-viaxe-naturalista-dende-as-torres-do-allo/

Novas relacionadas

Comentarios