Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo seguen batendo marcas no número de visitantes

O Pazo, situado en Zas, recibiu a visita de 204 persoas en febreiro, 89 máis que no mesmo mes do 2018, converténdose así no mellor febreiro de toda a serie histórica do pazo con moita diferenza

As Torres do Allo seguen batendo marcas no número de visitantes

O pasado mes de febreiro, as Torres do Allo recibiron a visita de 204 persoas, 89 máis que no mesmo mes do 2018, converténdose así no mellor febreiro de toda a serie histórica do pazo con moita diferenza. Cabe destacar que a procedencia das visitantes do propio concello de Zas foi escasa, cun 10% do total; o que indica que o monumento está entrando nunha fase de desestacionalización do público visitante. Un 33,8% achegouse dende todas partes de Galicia; un 44,5% residía na Costa da Morte; un 7,3% correspondeuse co público chegado do resto do Estado; e un 2,5% viñeron visitar as Torres do Allo dende outros países de Europa e do Mundo.

Un 34,8% das persoas que visitaron o pazo e a súa contorna fixérono en familia; mentres que as parellas que decidiron percorrer as Torres do Allo supuxeron 21,2% do total. Os grupos informais constituíron tamén unha parte importante das visitas cun 16% e as persoas que o fixeron de maneira individual alcanzaron o 27%.

A estes datos contribúe tamén o programa didáctico para centros escolares que leva a cabo a Concellería de Cultura de Zas. Este mes visitou o pazo o IES Ramón Caamaño, ao que se lle realizou unha visita guiada específica para a idade do alumnado e o obradoiro de heráldica "Escudo de Familia", onde aprenderon as regras básicas da simboloxía da nobreza e elaboraron o seu propio modelo.

Comentarios