Martes. 19.03.2024
El tiempo

De ruta polos pazos de Zas

De ruta polos pazos de Zas
pazo-romelle-zas Unhas 50 persoas participaron na visita ao patrimonio do concello de Zas que se enmarca dentro da Semana Cultural Até non fai moito tempo, os veciños máis importantes dun lugar vivían nun pazo. E Zas debiu ser terra de persoas relevantes porque o municipio agocha entre os seus montes impresionantes pazos que dan conta da riqueza arquitectónica, cultural e natural galega. Un nutrido grupo de persoas tivo onte a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o interior e as principais peculiaridades dalgúns destes edificios situados en diversos puntos do concello e que hoxe en día - salvo no das Torres do Allo que é público - sirven de residencia para uns poucos privilexiados. Torres do Allo"Visita ao patrimonio do concello de Zas", que se enmarca dentro da Semana Cultural posta en marcha pola concellería de Cultura como preliminar á Festa da Carballeira, comezou nas Torres do Allo. Evaristo Domínguez foi o encargado de guiar ás máis de 50 persoas resaltando as principais características de cada un dos pazos e da súa contorna. Os visitantes puxeron en acción os seus sentidos nada máis comezar a ruta grazas ao paseo pola carballeira centaria que conduce cara as Torres do Allo. O naturalista Víctor López Seoane - dono do edificio entre 1870 e 1900 - foi o encargado de deseñar este percorrido formado por uns 80 carballos. carballos-torres-allo Unha frondosa carballeira conduce ao visitante ata o pazo das Torres do Allo, un dos primeiros de Galicia Dúas torres -a Viexa e a Nueba - forman este conxunto arquitectónico que tal e como destacou Evaristo Domínguez "é un dos primeiros pazos de Galicia". Este pazo - ubicado na parroquia de O Allo - é actualmente propiedade da Deputación da Coruña que, coa xestión do concello de Zas, está aberto ao público durante todo ano e que no verán conta coa súa propia programación cultural. torres-allo-zas Dúas torres - a Viexa e a Nueba - forman o conxunto arquitectónico das Torres do Allo Entre os segredos que se agochan nas Torres do Allo está o seu pasado bélico, mostra deso son os pequenos detalles arquitectónicos así como os escudos de armas que reinan en ambas torres do pazo. O pazo pódese visitar durante todo o ano. No verán, hai un servizo gratuito de visitas guiadas todos os días (ás 13 e ás 17 horas) e os domingos (19:30 horas) a compañía de teatro Os Quinquilláns ofrece unha visita guiada teatralizada. Pazo de Follente En Follente - que dende o 1870 pertence á parroquia de Mira - atópase outros dos pazos do concello de Zas. Ademais da importancia arquitectónica, este pazo foi o lugar no que o xeógrafo e matemático Domingo Fontán comezou a deseñar a Carta Xeométrica de Galicia; o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas. pazo-follente-zas O grupo vistou os exteriores do pazo de Follente onde Evaristo Domínguez resaltou as súas principais características Ao carón do Pazo de Follente está a igrexa de San Pedro de Follente, actualmente inutilizada, que lle deu o título de parroquia a Follente ata o ano 1870. O pazo, segundo reza no escudo de armas, foi propiedade das familias Figueroa, Leis e Caamaño. pazo-follente-zas Un escudo de armas formado polas familias Figueroa, Leis e Caamaño predomina nun dos laterais do pazo de Follente Pazo Romelle A terceira parada da ruta polo patrimonio de Zas foi na parroquia de Loroño. Situado nun outeiro que ofrece unha espectaculares vistas, érguese o maxestuoso pazo de Romelle. Coidado ao mínimo detalle polos seus actuais donos, este pazo está formado por un edificio central, dous hórreos, unha fonte con chafarís, xardín, capela e un extenso terreo.   pazo-romelle-fachada-atras Parte traseira do Pazo de Romelle Tal e como o indica o escudo de armas situado na fachada principal, o pazo foi nalgún día propiedade dos Caamaño e que quedou protexido cun alto muro. No seu interior, agóchase unha imponente construcción e uns xardíns xeométricos con especies tanto autóctonas como exóticas. xardins-pazo-romelle-zas Na parte traseira do Pazo de Romelle agóchanse uns coidados xardíns de forma xeométrica Pazo das Edreiras pazo-edreiras Un dos aspectos arquitectónicos máis sorprendentes do pazo das Edreiras é a súa solaina situada na fachada principal Unha fermosa solaina con escalinata incluída dálle a benvida a todo aquel visitante do pazo das Edreiras, situado na parroquia de San Martiño de Meanos. O edificio - en forma de de L - atópase nun perfecto estado de conservación tanto no seu interior como exterior no que reina a tranquilade e tamén un frondoso monte. Unida á torre do pazo está a capela da virxe do Rosario. E tal e como di o refrán"Capela, palomar y ciprés, pazo es". Actividades para hoxe A Semana Cultural de Zas continúa hoxe ás 12:30 horas cunha sesión de contacontos infantil. Pola tarde segue o curso de iniciación ao baile tradicional, impartido pola A. C. Castro Meda. Tamén haberá dous obradoiros; un para adultos de encadernación xaponesa e outro para nenos e nenas de "goma eva". E xa pola noite, Lois Pérez ofrece o monólogo titulado "Historias da Fronteira". Todas as actividades son de balde e lévanse a cabo no centro sociocultural da vila. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios