Evento
Teatro Afeccionado en Zas
30/abr./2016 a 30/abr./2016
21:00 h a 21:00 h
12:35 18/04/16
O teatro gusta na Costa da Morte, e diso saben moitos concellos como os de Carballo ou Vimianzo - por citar algúns dos referentes da comarca neste campo - que ano tras ano colgan o cartel de completo nas súas citas teatrais.
Coñecedor do éxito desta convocatorias é o concello de Zas que vén de poñer en marcha a I Mostra de Teatro Afeccionado á que se presenteron máis de vinte propostas de toda a comunidade. Dúas das cinco obras escollidas polo xurado - no que participa o grupo de teatro Badius - representaranse ao longo deste mes de abril.
- GRUPO: TEATRO DO CENTRO CULTURAL SAN FINS de Rebordáns-Tui
- OBRA: “César a gusto”
- DATA: Sábado, 23 de abril
- LUGAR: Auditorio de Zas
- HORA: 21h.
- PÚBLICO: T/P
- GRUPO: TANGATUTANGA TEATRO de Santiago de Compostela
- OBRA: “Que deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico”
- DATA: Sábado, 30 de abril
- LUGAR: Auditorio de Baio
- HORA: 21h.
- PÚBLICO: + 12
- GRUPO: TEATRO ATLÁNTIDA DE MATAMÁ de Vigo
- OBRA: “Falando de cartos”
- DATA: Sábado, 7 de maio
- LUGAR: Auditorio de Zas
- HORA: 21h.
- PÚBLICO: T/P
- GRUPO: GARGALLADA TEATRO de O Barco de Valdeorras
- OBRA: “Fuga”
- DATA: Sábado, 14 de maio
- LUGAR: Auditorio de Baio
- HORA: 21h.
- PÚBLICO: + 12
- GRUPO: FARANDOLEIRAS CABARÉ de Oleiros
- OBRA: “Pánico”
- DATA: Sábado, 21 de maio
- LUGAR: Auditorio de Baio
- HORA: 21h.
- PÚBLICO: + 14
- ENTREGA DE PREMIOS
- DATA: Sábado, 28 de maio
- LUGAR: Baio. Pendente de confirmar
- HORA: Tarde-noite. Pendente de confirmar