Evento
Teatro de APEM en Corme
25/maio/2019
20:00 h
Museo de Corme

21:23 21/05/19
O grupo de teatro da Asociación Pro Enfermos Mentales de Carballo (APEM) visitará Corme o sábado 25 para representar a obra “Cambiouche ben o conto”, unha peza escrita e dirixida por varios membros da entidade na que se poñen de manifesto, con certas doses de humor e moita retranca, as reaccións humanas ante un feito inesperado que pode cambiar e empeorar un estilo de vida acomodada.
A función, que será de balde, terá lugar a partir ás 20:00 horas no Museo de Corme.