![teatro-malpica]()
Arranca a
XI Mostra de Teatro, cunha marea de obras que terán lugar no
centro cívico de Malpica.
- Venres 6 de novembro: “15 Primaveras, a gran festa”.
A cita de Mama Cabra, dixirida a todos os públicos, comeza ás 20:30 horas. No espectáculo faise un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións en formato “concerto-teatro”. Mamá Cabra acompáñase dos principais espoñentes do panorama muscial para público infantil, como poden ser; Magín Blanco (A nena e o grilo), Pablo Diaz e e Olga Kirk (Tic Tac) ou Uxía Senlle coa súa familia de (María Fumaça).
- Venres, 13 de novembro: “Cociña económica”
Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan siquera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público. Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña KaKofónica onde postos a aforrar, aforran ata nas vocais das palabras coas que explican a receita.
A cita, dirixida para un público de máis de 14 anos, comeza ás 20:30 horas.
- Venres, 20 de novembro: “D.E.P.”
D.E.P., de Malasombra Produccións, é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor!”.
A comedia, dirixida a todos os públicos, será ás 20:30 horas.
Ás 11:00 comezarán varias actividades lúdico-teatrais, dirixidas a un público familiar, e que estarán dirixidas pola escola de teatro Valle-Innova, Fundación Valle Inclán.
Xa pola tarde, ás 17 horas, a mesma escola de teatro ofrece o espectáculo infantil interactivo
“Quiero ser un Valle-Inclán”, no que os rapaces e rapazas descubrirán os pormenores máis divertidos da vida de Valle Inclán e do mundo do teatro.
Venres, 27 de novembro: “
As fillas bravas”.
“As Fillas Bravas”, de Chévere Produccións, son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.
A obra, que comeza ás 20:30 horas, está dirixida a todos os públicos.
- Venres, 4 de decembro: “Xango”.
Talía Teatro interpreta a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. Este espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, preferiblemente para nenos e nenas de 6 a 11 anos, comeza ás 20:30 horas.
- Venres, 11 de decembro: “Rosa Caramelo”
Os nenos de 4 a 8 anos, teñen a oportunidade de ver esta comedia infantil de Talía Teatro – Fundación Escolar. Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
A comedia comeza ás 11:30 horas.
Ese mesmo día, ás 20:30 horas, Talía Teatro trae para o público adulto, maiores de 13 anos, a súa obra
“Demolición”. Este comidrama é unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.
- Sábado, 12 de decembro: “O cantar dos cantares”
Unha rexoubeira, e un crego autoritario, nunha aldea galega, da década dos anos 50, queren imponer o seu pensamento a toda a veciñanza; así que argallan todo tipo de estratexias incluso ameazas para sometelos ás súas ideas. A comedia, interpretada por Os Amigos de Malpica, comeza ás 20 horas.