Venres. 04.10.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

11/mar./2017 a 11/mar./2017
9:30 h a 11:00 h
Centro Cultural
Teatro en Muros
SÁBADO, 11 DE MARZO, ADREDE DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER, ESTARÁ NO CENTRO CULTURAL DE MUROS O ESPECTÁCULO “VOAXA E CARMÍN” Día e hora: sábado 11 de marzo, ás 21:30 h Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – ButacaZero - “Voaxa e Carmín” O equipo de goberno e o departamento de cultura de Muros, quixeron que visitara a nosa localidade, o sábado 11 de marzo, ás 21:30, a compañía de teatro ButacaZero; coa fin de amosar ao público de Muros a súa produción “Voaxa e Carmín”, da rianxeira Esther Carrodeguas, gañadora do premio Abrente de teatro 2015 e estreada na MIT de Rivadavia 2016. Quíxose programar nestas datas con motivo da celebración do día da Muller; pois é, sen dúbida, unha obra de teatro de Mulleres. Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas….. Todo parece transcorrer sen cambio algún, mais hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día. Voaxa e Carmín, interpretada por Mabel Rivera e Belén Constenla, é unha proposta de teatro de actrices que parte dun texto que mestura o popular co contemporáneo cunha escenificación que nos amosa unha Compostela virtual, pola que pasean as personaxes. Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais poucos saben da crúa historia que hai detrás delas. Mabel Rivera e Belén Constenla compoñen as personaxes dende unha interpretación que por momentos lles fai parecer debuxos animados, ao deformaren a voz e o corpo, para agasallarnos cun traballo vocal e xestual alucinante, están a lle dar vida á famosa estatua nunha actuación que as leva dende a caricatura cómica ao expresionismo de denuncia social, nun traballo impecable e exquisito. As entradas, con un prezo de 3,50 €, xa están a venda nas oficinas do centro cultural. Espectáculo incluído na Rede Galega de teatros e auditorios.
Comentarios