Evento
Teatro en Muros
28/out./2017 a 28/out./2017
8:00 h a 6:00 h
17:14 23/10/17
O SÁBADO 28 DE OUTUBRO A ASOCIACIÓN CORUÑESA TROTACONVENTOS PRESENTARÁ NO CENTRO CULTURAL DE MUROS O ESPECTÁCULO “O XURAMENTO DE DRAKE AO PÉ DA TORRE DE HÉRCUES”
Día e hora: sábado 28 de outubro, 20:00 h
Local: Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – ASOCIACIÓN CULTURAL E TEATRAL TROTACONVENTOS: “O xuramento de Drake ao pé da Torre de Hércules”
Obra escrita e dirixida por Carlos Freire
O xuramento de Drake ao pé da Torre de Hércules é unha composición que pretende reflectir a situación á que se pode chegar no caso de proseguir o quecemento global, que xa empeza a dar mostras da súa incidencia no planeta Terra.
A peza pon a énfase no aumento do nivel das aguas do mar, que se pode producir ao se derreter os xeos polares por mor das altas temperaturas que orixinará o cambio climático.
O contraste do planeta sen contaminar virá da man dos piratas da tripulación do corsario Drake que logo de se decataren de que o faro de Hércules está asolagado polas augas crerán que o desastre só puido ser causado por un maleficio, dirixido contra eles para que non teñan faros que os guíen nin illas que saquear.
Polo escenario desfilará, así mesmo, María Pita, defensora da cidade da Coruña contra o propio Drake e os seus piratas.
Tamén aparecerán en escena os que agardan acadar beneficios dos trocos ambientais que se están a producir e tamén os que van sufrir con maior virulencia a catástrofe derivada do cambio climático.
Finalmente, os corsarios, no seu deambular por un mundo tan cambiado chegarán a Bruxelas e intentarán dar conta alí dos culpábeis do desastre no que se encontran.
Intérpretes: Ana Gronzo, Pilar Pedreira, Gloria Rodríguez, Brahin El Ghottiss, Sandra María Pereira, Ernesto Regueira Veiras, Carlos Freire, Carlos Fabal, Moncho Álvarez, Conchi García (quen viviu e traballou en Muros moito anos, segue a visitarnos cada ano, e sentimos como auténtica muradana)