luns. 11.11.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

21/nov./2015 a 21/nov./2015
18:00 h a 18:00 h
Teatro en Muros
A compañía Animundis trae o sábado 21 de novembro o seu espectáculo A compañía Animundis trae o sábado 21 de novembro o seu espectáculo O centro cultural e xuvenil de Muros conmemora o mes da violencia de xénero e da música con varias actividades dirixidas a todos os públicos. Sábado 21 de novembro
  • 18:00 horas. Compañía: Animundis. Espectáculo: “Animundis”. R.G.T.A: Entrada 2,50 €
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle o sábado, 21 de novembro, ás 18:00 horas, o espectáculo infantil ‘Animundis’. Inscrito dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Os máis miúdos, xunto cos seus acompañantes, poderán gozar durante case unha hora da proposta de Benjamín Queiro, na que por medio da música e o teatro se nos presenta a entretida historia dun pingüín e un paxaro. Este espectáculo, mestura de música e teatro, conta a historia de Bim, o pingüín, e Kiwi, o paxaro. O vimiancés Benjamín Queiro asume o rol de produtor, compositor e autor do texto da obra “Animundis”, que foi ideada coma un musical para o público infantil, pero é un espectáculo con música moi contemporánea, con ritmos funk e soul, porque a compañía quer que os pais tamén movan o esqueleto; mais “Animundis” é tamén un proxecto de ilustración e escrita. Os actores que dan vida a Bim e Kiwi son Anita Baker e Keke Díez, xunta eles sairán ao escenario catro experimentados músicos, Manuel Brey, Carlos Clerins, Javier Sampedro e Nacho Goris. O director é Carlos Sante. As entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural de Muros. Fonte
Comentarios