venres. 08.11.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

23/nov./2018 a 23/nov./2018
9:30 h a 6:00 h
Teatro en Muros
Actividade: TEATRO Compañía: Os Quinquilláns teatro Obra: “Language Planning” Día e hora: venres 23 de novembro, ás 21:30 h Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Os Quinquilláns é unha compañía que nace no ano 1989, e desde aquela ven visitando Muros con moita asiduidade, facendo as ledicias de todos os muradáns, ademais dende fai varios anos comparte director co grupo local Aquelando teatro, Lucho Penabade. É unha compañía especializada no teatro de rúa e visitas teatralizadas para todo tipo de públicos, pero tamén produce espectáculos de sala, entre os que se encontra o novo “LANGUAGE PLANNING”, montaxe teatral participativa, de carácter cómico e retranqueiro. Neste caso a risa emprégase como ferramenta para tratar distintos aspectos da lingua e o seu desenvolvemento na práctica cotiá. O reparto e a dramaturxia corren a cargo de Tero Rodríguez e Lucho Penabade. Membros da LP (Language Planning), chegan a Galiza para acabar co seu conflito lingüístico mediante o exterminio da CL (Confliting Language), tentando impoñer unha nova orde lingüística mundial. A pesar do traballo feito pola LP ao longo da historia e da súa determinación por rematar co problema, as dificultades medran día a día. As TR (Tribus da Retranca), resultan impredicibles e a imposibilidade de guialas polo camiño marcado enche de contradicións o obxectivo de volver á base da LP co problema solucionado. HYPERLINK "http://www.galescena.info/gfx/Companhias/78/espectaculo02862.jpg" \o " Ampliar - Rafa a Xirafa e Bruno o Canguro" INCLUDEPICTURE "http://www.galescena.info/gfx/Companhias/78/espectaculo02862.jpg" \* MERGEFORMATINET O prezo da entrada é de 2,50 €. E xa poden ser reservadas ou adquiridas nas oficinas do Centro Cultural de Muros. Esta función está incluída na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, concretamente no programa que se iniciou este ano “Lingua a escena”, coa finalidade de dinamizar socialmente a lingua galega.
Comentarios