Venres. 26.04.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

29/dec./2018 a 29/dec./2018
6:00 h a 6:00 h
Teatro en Muros
Día e hora: sábado, 29 de decembro, 18:00 h. Local: Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – EDUCATEATRO: “Carapuchiña Vermella” Carapuchiña é unha nena de nove anos. Un día, súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Polo camiño atopa amigos, aventuras con árbores bailarinas, cantigas e mesmo un lobo que fará das súas para tentar papala. A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella. EducaTeatro está formado por un grupo de profesionais das artes escénicas e musicais co asesoramento de mestres e pedagogos. A música, a palabra e a diversión son os piares dos seus traballos, especializados nos musicais infantís, cos que queren fomentar a educación en valores e presentar, dun xeito lúdico, a aprendizaxe. Esta representación está incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC, e as entradas son a 2,50 €.
Comentarios