luns. 23.06.2025
El tiempo

Afiprodel leva a súa experiencia ao III Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local

qpc-afiprodel-foro-murcia
qpc-afiprodel-foro-murcia
Afiprodel leva a súa experiencia ao III Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local

A Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local (AFIPRODEL) representou a Galicia no III Foro Nacional de Axentes de Desarrollo Local que tivo lugar durante os pasados días 19 e 20 de xuño en San Pedro de Pinatar (Murcia). 

Por parte de AFIPRODEL, Rosa María Sánchez Martínez, a súa secretaria, participou nunha mesa redonda e nunha tertulia radiofónica dedicadas ao papel das asociacións nas diferentes comunidades. A delegación galega, ligada á Costa da Morte e a Vimianzo, estivo completada coa asistencia de María Nieves Lema Viñariño.

Neste concurrido encontro, organizado polo Instituto de Fomento de la Región de Murcia, coa colaboración de FEPRODEL, de ADELES y da ENAE, xuntáronse representantes de asociacións profesionais de todo o país y da federación que as agrupa. O seu presidente, Javier González Cardona, que exerce en Benetússer, relatou a conmovedora experiencia de reconstruir un municipio destruído pola DANA. 


O poder do binomio territorio e desenvolvemento local quedou plasmado nos tres grandes bloques temáticos abordados neste foro. A economía social, a cultura creativa e a innovación desde a identidade local foron defendidas en intervencións inspiradoras, con relatos de casos reais, como fórmulas para afrontar os grandes retos neste novo marco mundial no que se tambalean os equilibrios económicos, sociais e xeopolíticos construidos nas últimas décadas.

Comentarios