xoves. 07.11.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

20/feb./2016 a 20/feb./2016
21:30 h a 21:30 h
Teatro en Muros
Demolicion de Talia Teatro O sábado 20 de febreiro, ás 21:30 h, representarase no Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo da compañía Talía teatro, “Demolición”, no que o público adulto poderá gozar durante unha hora e media dun traballo actoral impecable. “Demolición” pode clasificarse como un Comidrama. Termo que expresa esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A historia céntrase na posible demolición dun edificio ilegal sobre o que pesa unha orde de derribo desde fai anos. O diálogo que establecen os dous personaxes fala da especulación económica, pero tamén pón sobre a mesa distintas actitudes vitais sobre o compromiso cívico de cada individuo. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo, son os catro pés para o banco da comunicación teatral, polos que optan nesta ocasión e que certamente funcionan. O autor e director é Cándido Pazó e os protagonistas Toño Casais e Artur Trillo. Talía Teatro é unha compañía que nace en Cee en 1988 cun selo propio e orixinal. Os seus espectáculos teñen denominación de orixe e definen un xeito de facer teatro. Hoxe son unha das compañías galegas máis consolidadas e o seu traballo ten sido merecedor de varios premios, entre os que destacamos o de Mellor texto teatral en galego, Premio Max 2012 e María Casares 2012, por Pelos na lingua; e os María Casares 2010 de Mellor actor protagonista a Toño Casais e Mellor dirección a Artur Trillo, por Palabras encadeadas. Artur Trillo e Toño Casais son dous grandes actores, nados en Cee, cofundadores da compañía Talía Teatro. Son actores de radio, cine teatro e televisión, e a súa faceta máis cómica xurde cada venres en Luar co dúo humorístico Pascual e Marcial. Cándido Pazó é na actualidade un dos mellores dramaturgos e directores teatrais vivos. Na súa formación destaca o paso pola École HYPERLINK "https://es.wikipedia.org/wiki/Philippe_Gaulier" \o "Philippe Gaulier" Philippe Gaulier, en París, de donde arrinca o seu interese polo xogo teatral, que se reflicte na súa escrita e dirección. Debuta como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro, en 1989. Dirixe logo a compañía Ollomoltranvía e na actualidade a Abrapalabra Creacións Escénicas. Realiza ademais direccións, postas en escena e adaptacións para diversas compañías galegas e o C.D.G. Acadando a cotío o éxito no seu traballo. Entre os premios recibidos podemos destacar no 2014 o Premio da Cultura Galega, no apartado de artes escénicas. O espectáculo está inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 3,50 euros.
Comentarios