Evento
Teatro infantil en Muros
09/abr./2016 a 09/abr./2016
18:00 h a 18:00 h
12:10 05/04/16
O ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL DIRIXIDO A PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR “CANTA O CUCO”, SÁBADO 9, ÁS 18:00 H, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS
Ao día seguinte da súa estrea chega a Muros, o sábado 9 de abril, o novo espectáculo músico teatral de Uxía e Magín Blanco, dedicado a Manuel María, “Canta o cuco”
Os máis miúdos poderán gozar durante case unha hora desta proposta, na que por medio da música, o teatro, os monicreques, o debuxo… se nos presenta a obra do poeta-labrego da Terra Chá, honrado nas Letras galegas deste ano, desde a ollada de dous experimentados creadores vinculados á música infantil, destinado ás nenas e os nenos do século XXI
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle o sábado, 9 de abril, ás 18:00 horas, o espectáculo infantil ‘Canta o cuco’. Inscrito dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
“CANTA O CUCO. Magín e Uxía cantan a Manuel María” fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confianza no futuro, vínculo de compromiso e espertar da enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo mesma”
Trátase dunha proposta musico-teatral dirixida por Inacio Vilariño, director da compañía de teatro Fantoches Baj. Un espectáculo multidisciplinar onde se mesturan diferentes técnicas escénicas, manipulación de obxectos, monicreques, música e traballo actoral. Todo isto conxugado co deseño e ilustracións do prestixioso pintor de Narón, Leandro Lamas e coa interpretación das cancións a cargo de Uxía, Magín, Santi Cribeiro e Hector Lorenzo.
As entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural de Muros.