Evento
Visita nocturna por Muros
12/ago./2016 a 12/ago./2016
22:00 h a 22:00 h
12:08 10/08/16
Que Muros se está poñendo de moda non cabe ningunha dúbida. E por algo é, porque ademais da súa beleza, da súa historia, das súas praias… Muros está moi vivo.
Desta volta recuperamos varias propostas da man do proxecto Muros, vila de Auga e Sal, que van dunhas visitas guiadas nocturnas acompañadas por música, e un corcurso fotográfico.
Música e visita guiada
Estes venres 12, 19 e 26 de agosto, a proposta AugaeSal inclúe un concerto instrumental de artistas emerxentes locais (o pianista Miguel Rey, o guitarrista Alberte Romero ou a tamén pianista Tamara Castro), combinada cunha visita nocturna guiada polos tesouros do casco vello muradán, mesmo con subida a torre, para disfrutar dunhas vistas inmellorables.Concurso fotográfico
Ademais, Muros Auga e Sal sortea un fin de semana entre todos os que envíen dúas fotos, unha da Ruta Auga e Sal e outra de Muros, a [email protected].Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).