Venres. 04.10.2024
El tiempo

Evento

XIX Festa do Bolo do Pote

05/mar./2017 a 05/mar./2017
2:00 h a 6:00 h
A Picota
XIX Festa do Bolo do Pote
Bolo do Pote de Mazaricos de preto

Estase facendo internacional a Festa do Bolo do Pote de Mazaricos. Despois de triunfar en Feiras como o Xantar de Ourense, e a un ano de cumplir a vintena, esta festa tradicional e gastronómica está en pleno proceso de acender os fogóns para unha fin de semana deliciosa.

As Xornadas serán sábado 4 e domingo 5 de marzo no núcleo da Picota, onde seis locais ofrecerán a degustación deste particular bocado. Do mesmo xeito, o domingo as e os visitantes poderán probar os bolos, saídos das mans da Asociación das Amas de Casa, na carpa habilitada para esta fin. A Festa estará amenizada con gaiteiros e orquestra.

Cartel XIX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2016

Como novidade desta edición, os hostaleiros están a sortear, mediante a páxina de facebook do Concello, tres xantares de balde para dúas persoas cada un. “O obxectivo é superar as 1.500 racións repartidas na anterior edición”, explicou Blanco.

A preparación dos bolos do pote resulta aparentemente sinxela, aínda que cada cociñeiro ten o seu segredo para facer este prato saboroso. A base para a súa elaboración é a fariña de millo mesturada coa de centeo, que proporcionan consistencia. Poden empregarse anacos de touciño entrefebrado, chourizo ou touciño, cos que se prepara un rustrido que dá sabor á masa. Unha vez feito isto, dáselle forma de bóla e introdúccese a cocer na auga fervendo do caldo. Tras isto, córtase e sérvese acompañado de chourizo, lacón, orella ou calquera carne de porco.

 

Novas relacionadas

Fonte
Comentarios