Evento
Xornada de limpeza de praias
18/mar./2017 a 18/mar./2017
12:00 h a 3:00 h
Faro Touriñán
13:36 16/03/17
Por terceiro ano consecutivo, voluntarias e voluntarias da asociación Mar de Fábula limparán o coído de Touriñán. Será este sábado, día 18. Dende a entidade fan un chamamento á sociedade para participar na limpeza. Os participantes reuniranse ás 12 horas no faro de Touriñán e recoméndase levar bebidas e provisións para o xantar.
“Nesta altura, xa non temos dúbidas. O mar, combinando de maneira precisa os seus elementos: correntes, ondas e ventos, devólvenos unha vez máis no coído de Touriñán unha boa mostra do lixo mariño que contamina as súas augas, confirmando así, de maneira clara, que ten escollido este afastado e máxico lugar para chamar a nosa atención sobre algo que non vai ben entre él e máis nós. Nós, interpretando as súas claves, acudiremos a un novo Encontro co Mar neste lugar de xeografía privilexiada. Iremos recoller outra vez no mes de marzo, a colleita de lixo plástico de cada inverno”, indican dende a asociación.
Ao remate da xornada de limpeza, os participantes reflexionarán sobre as solucións ao problema da contaminación ambiental. O concello de Muxía é o encargado do apoio loxístico para que esta acción se leve a cabo.
Novas relacionadas
- Mar de Fábula e os mariñeiros únense para limpar un coído en Camariñas
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])