Evento
Xornada Micolóxica en Zas
14/out./2017 a 14/out./2017
9:30 h a 6:00 h
13:10 10/10/17
Un ano máis – e xa van catro – a asociación de veciños Barolo de Loroño-Zas organiza unhas xornadas micolóxicas que se desenvolverán o vindeiro venres e sábado.
A xornadas comezan o día 13 ás 20:30 horas no centro sociocultural de Zas cun relactorio a cargo de Martín Souto Souto no que falará sobre o mundo dos cogumelos, fará unha introdución á micoloxía e as variedade e exporá distintos exemplares.
Xa o sábado, día 14, toca a parte práctica das xornadas. ás 9:30 horas realizarase unha saída pola zona na que os participantes recollerán cogomelos. O regreso será ás 13 horas para desfrutar (por 10€) dun xantar no restaurante Tívoli de Zas e a continuación, ao redor das 15:30 horas, onde se identificarán as distintas variedades recollidas.
O prezo das xornadas é de 10€ e para participar é imprescindible anotarse nos números de teléfono 606 88 97 07 ou 677 11 54 11.