Evento
Xornadas Gastronómicas das algas
08/dec./2016 a 11/dec./2016
13:00 h a 00:00 h
09:28 24/11/16
Xa triunfaron o ano pasado, e este ano, os empresarios de Camariñas volven apostar polas verduras do mar, un dos tesouros menos aproveitados do noso mar. Un manxar que engrandece o filme Sicixia pero que na bisbarra aínda temos por explotar. De aí a importancia destas xornadas de exaltación gastronómica, para que nos decatemos da súa importancia.
Deste xeito, do 8 ao 11 de decembro, os establecimentos de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Caviña terán tapas e menús elaborados con algas, nas II Xornadas Gastronómicas Algas en Camariñas “O Encaixe do mar”.
Participarán os seguintes establecimentos:
- En Camariñas: Arnela, A Ría, As Vegas, Ave del Mar, Club Náutico, La Marina, Gaivota, Meu Lar, Moleda, Oasis, O Bico, O Cubeiro, O Percebe, Playa, Stella de mare, Victoria e Villa de Oro.
- Na Ponte do Porto: Cun k Café, A Tavernetta, Xunqueira, Brasil.
- En Camelle: A Molinera, A Murlla, O Marítimo.
- En Xaviña: Pastelería Artesá Silvia Muñoz.
Novas relacionadas
- Decembro 2015: “Moita xente viu probar as algas. E gustáronlle”.
- As algas por fin convírtense en protagonistas.
Máis novas
- A USC destacou o aproveitamento das algas como fertilizante económico e de orixe natural.
- Os trapos sucios das algas na Costa da Morte.
- Algas á rúa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).