Evento
Xornadas Micolóxicas de Cee
No marco desta seca catastrófica para a micoloxía, como nos contaba Martín Souto, a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo organzan as XVII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Os vindeiros 4 e 5 de novembro a Casa da Cultura de Cee verase invadida polos cogumelos nunha das sesión micolóxicas máis importantes de todo o país.
Coma sempre, a exposición de especies micolóxicas e dos traballos feitos polos nenos da zona será a gran protagonista. Estará aberta de 10:30h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h.
Para disfrutala en toda a súa esencia, o mellor é achegarse cando haia visita guiada, como as de José Manuel Castro Marcote (sábado ás 12:30h) ou a de Manuel Pose Carracedo (domingo ás 12:30h).
Pero ademais, as outras protagonistas son as conferencias. José María Costa Lado falará dos cogumelos comestibles e sobre as confusións máis típicas. O bo de Chisco Lema falará en clave natural, despois de convertirse nun creador de contidos audiovisuais naturais de indiscutible valor. Ademais, o propio Castro Marcote pechará as Xornadas falando dos “Aphyllophorales”.
Outras novas micolóxicas
- Martín Souto Souto: “A seca é catastrófica para a micoloxía”.
- 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
Xornadas Micolóxicas de Cee
- 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- 2015: O cogomelo, a estrela do outono da Costa da Morte.
- 2014: Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico.
- 2013: A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo.
- 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
- Tarrelos, Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).