mércores. 12.02.2025
El tiempo

Evento

Xornadas Micolóxicas en Cee

03/nov./2018 a 03/nov./2018
10:30 h a 8:00 h
Casa da Cultura
Xornadas Micolóxicas en Cee
Xornadas Micoloxicas Cee 2018 Xa están aquí, un ano máis, as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Unha cita xa convertida en tradición, que cumple 18 anos (cando canda o século), pero que nos últimos tempos está tendo serios problemas co clima. Este 2018 as xornadas desenvolveranse os días 3 e 4 de novembro, na Casa da Cultura de Cee, pero a chuvia está chegando co tempo xustiño para conseguir reunir as 200 especies que o colectivo Pan de Raposo expón cada ano.

O programa XVIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2018 Un ano máis, o programa das Xornadas terá varios puntos de atención. O centro neurálxico volverá ser a xa mítica exposición de cogumelos, con esas preto de 200 especies recollidas polos nosos montes na mesma semana. Ao seu redor haberá varias visitas guiadas, tanto o sábado da man do propio Marcote como o domingo con Manuel Pose Carracedo. Aparte da exposición de cogomelos, tamén se exporán traballos dos nenos dos colexios da zona, funcionará un “Taller de traballos manuais e xogos para nenos” durante o horario de exposición . Haberá tamén interesantes charlas, da man de Chemi Costa Lado e os cogomelos da madeiras, como de Marcote sobre a Ascomyecetes. Hai varias novidades este ano como o “Taller de microscopio en vivo” no local da exposición, a cargo de Chemi Traba, en horario de exposición; e mais o “Taller de cociña de cogomelos”, utilizando Cantareláceas e outros cogomelos das Fragas do Eume, a cargo de Antonio Díaz Calvo (Chef do Restaurante Andarubel de Pontedeume), na Praza de Abastos de Cee, o sábado 3 de novembro as 20,30 h.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/como-sigamos-asi-imos-ter-que-retrasar-por-mor-do-cambio-climatico-as-datas-das-xornadas-micoloxicas/
Comentarios