Evento
Xoves de Cine
22/nov./2018 a 22/nov./2018
7:00 h a 6:00 h
Espazo de Natureza de Oza
13:06 16/10/18

Novo programa de outono da activa asociación Senda Nova. "Ás sete no Espazo" artellarase arredor do cine (“Xoves de filme”) e das charlas (“Conversas no Luscofusco”), sendo citas que se darán á devandita hora de xoves e venres, no Espazo da Natureza de Oza.
Semana do 19-25 de Novembro Filme (22 Nov): “O Retorno do Guincho” de Francisco Javier Lema Fuentes. Contaranos o esforzo de recuperación e conservación na Península Ibérica desta ave rapaz. Todas as actividades deste programa son libres e de balde e realizaranse ás 19h da tarde no Espazo da Natureza de Oza (única limitación a capacidade do ENO) salvo a limpeza de praias que se levará a cabo en Baldaio con punto de quedada nas Saíñas.