martes. 03.06.2025
El tiempo

Evento

XVI concurso de Barcanas e Castelos de Area

19/ago./2016 a 19/ago./2016
11:00 h a 00:00 h
XVI concurso de Barcanas e Castelos de Area
concurso barcanas e castelos de area festas do mar malpica 2016 Entre as 11 e a 13 horas terá lugar na praia de Area Maior de Malpica a 16ª edición do concurso de Barcanas e Castelos de Area co que se abren as Festas do Mar. Haberá tres categorías: infantil, amateu e barcanas. O concello de Malpica delimitará a zona do certame. Para realizar as obras só se poderán utilizar area e materiais que e atopendepositados na praia, así como ferramentas e difusores e auga. O xurado valorará a calidade artística e a orixinalidade dos castelos e barcanas segundo unha serie de criterios: calidade técnica, complexidade da obra realizada, deseño, dimensións, vinculación da obra co concello de Malpica e orixinalidade. Para a elección do premio especial do público instalarase unha urna, entre as 13 e as 13:30 horas na praia de Area Maior, na que todos os espectadores/as do concurso poderán depositar o seu voto. Será premiada a obra con maior número de votos, agás que xa obtivera outro premio por parte do xurado, nese caso outorgaríase á seguinte obra máis votada.
Comentarios