![Festa Folk na Fin do Camino-Anchoa-Fisterra 2016]()
Despois dun ano sen festa na Anchoa, volve con máis forza que nunca
Festa Folk na Fin do Camiňo na súa XVI edición. Aquí vemos o cartel inicial, obra da artista fisterrá Mabel Díaz. Aínda non coñecemos as bandas que van participar, pero de seguro serán referencias importantes da música celta galega. O que si sabemos tamén é que participarán os gañadores do I Certame de Folk Emerxente, apostando tamén polas novas bandas.
A cita, o
sábado 20 de agosto na Anchoa, Fisterra,onde sempre. A festa arrincará, na Anchoa, ben cediño, ás 13_00h, con pasarrúas e degustacións de produtos galegos. A tarde será para o máis pequenos, e o festival en si, arrincará ás 22:00h, presentado pola brava Isabel Risco, e contando con Queimada Xigante. Porán a música os Tombalobos Orquestra, Radio Cos, Tiruleque e Liviao de Marrao.