Evento
XXV Ciclo de Teatro de Ponteceso

Durante o mes de novembro celébrase a 25ª edición da Mostra de Teatro de Ponteceso. O vindeiro martes 30 de outubro farán a presentación oficial, pero xa sabemos as obras, que darán comezo ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas, e as entradas custarán 3,06€ (poden reservalas na Tesourería do Concello.
O sábado 3, a compañía encargada de inaugurar o certame será Talía Teatro, trae unha revisión do clásico “O servidor de dous amos”.
O sábado 10 correrá a cargo de Contraproducións, que presentará “Os fillos do sol”, unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que centrou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.
O sábado 17, tamén Contraproduccións traerá “Commedia”, unha peza que cumpre tamén 25 anos sobre os escenarios.
E xa o sábado 24, a compañía coruñesa Os Náufragos porá o broche de ouro ao certame coa súa carta de presentación, “Castrapo”, unha proposta actual e próxima ao espectador que narra a viaxe ás orixes, ás raíces.